Entradas

Entrevista aos achegados de Alfredo Deaño

Entrevista aos achegados de Alfredo Deaño Neste artigo foron entrevistados dous persoas moi próximas o filósofo ribadense Alfredo Deaño. En primeiro lugar entrevistouse o seu amigo Juan Soto Gutiérrez, despois falouse co seu irmán, Antonio Deaño. Por último, tratouse co profesor de filosofía do instituto de Ribadeo, Manel Yáñez. 1.        ¿Como foi a vida do autor? Nado en Ribadeo o sete de marzo 1944 e finado en Madrid en xaneiro do ano 1978 dun infarto, era fillo de Marita Gamallo Fierros, irma do literato ribadense que lle da nome ó instituto público Ribadeo, Dionisio Gamallo Fierros. O seu pai foi Alfredo Deaño Viso, era técnico do corpo de aduanas, primeiramente destinado á aduana de Ribadeo, mais era este traballo o que provocaba que a familia tivese que mudarse varias veces a onde o destinaban. Na coñecedísima discoteca de Ribadeo, Rosalar, coñécense Alfredo e Marita e teñen cinco fillos; María del Carmen, Alfredo, Antonio, Matilde e Carlos. Estuda os seus primeiros