Entrevista aos achegados de Alfredo Deaño

Entrevista aos achegados de Alfredo Deaño

Neste artigo foron entrevistados dous persoas moi próximas o filósofo ribadense Alfredo Deaño. En primeiro lugar entrevistouse o seu amigo Juan Soto Gutiérrez, despois falouse co seu irmán, Antonio Deaño. Por último, tratouse co profesor de filosofía do instituto de Ribadeo, Manel Yáñez.

1.       ¿Como foi a vida do autor?

Nado en Ribadeo o sete de marzo 1944 e finado en Madrid en xaneiro do ano 1978 dun infarto, era fillo de Marita Gamallo Fierros, irma do literato ribadense que lle da nome ó instituto público Ribadeo, Dionisio Gamallo Fierros. O seu pai foi Alfredo Deaño Viso, era técnico do corpo de aduanas, primeiramente destinado á aduana de Ribadeo, mais era este traballo o que provocaba que a familia tivese que mudarse varias veces a onde o destinaban. Na coñecedísima discoteca de Ribadeo, Rosalar, coñécense Alfredo e Marita e teñen cinco fillos; María del Carmen, Alfredo, Antonio, Matilde e Carlos.

Estuda os seus primeiros anos no colexio de Doña María, en Ribadeo, hasta 1949. En Ourense estivo un ano estudando, e fíxolo no colexio de párvulos da purísima concepción. Tras este ano volve a Ribadeo e alí vai o colexio dos irmáns da doutrina cristiá, hasta o ano 1953. Pasa a estudar en Ferrol. Alí pasa os seus primeiros anos de bacharelato, hasta o ano 1956 no instituto de ensinanza media. Os últimos anos estúdaos no instituto Jovellanos en Gijon, dende o 1956 hasta 1961. Foi matricula de honra no preuniversitario, estudando en Gijon e sendo examinado en Oviedo.

Estudou en Oviedo os dous primeiros anos de carreira, as denominadas “asignaturas comúns”. Dado que a especialización en filosofía non existía en Oviedo, foise no 1964 a Madrid a finar a carreira. En Madrid estivo no colexio maior Antonio de Nebrija, onde conectou con algúns dos seus futuros achegados. Foi premio extraordinario de fin de carreira en Madrid, onde finaliza os seus estudios no 1966. Entre los estudios en Oviedo e os cursados en Madrid, foron 24 matriculas y 6 sobresalientes as que sacou. Gano varios premios en concursos literarios en su etapa en Oviedo de poesía y teatro.

Ao acabar os seus estudos comezou a traballar como profesor axudante de clases practicas en Madrid, na cátedra de Leopoldo Eulogio Palacios. Estivo un ano nada mais como axudante en Madrid. Impartiu clase de fundamentos de filosofía na facultade de políticas, económicas e sociais. Traballo en la revista de occidente, chegando a dirixir algún número sobre lóxica.

Traballou tamén en El Pais como asesor e en certas editoriais, a editorial Tauros entre elas. No ano 1975 consigue a praza de adxunto. No ano 1968, o ano en que presenta a súa tese doutoral, “lógica simbólica y lógica del lenguaje ordinario”, crease a universidade autónoma de Madrid, onde se traslada, e onde imparte lóxica matemática, entrando a traballar no departamento de Carlos París. Casase coa ex-ministra de educación, ministra durante o goberno de Zapatero, no ano 1973 e ten un fillo no ano 1977. A súa muller, Mercedes Cabrera, é catedrática na facultade de ciencias politizas de Madrid, e como se sinalou, foi ministra de educación e tamén, como o seu marido, publicou varios libros.

2.       ¿En que contexto e de que maneira xorderon as súas obras?

A súa primeira publicación foi a súa tese de licenciatura, a cal, versaba a cerca de “el sofista” de Platón, que se publicou no ano 1970. Na súa época traballando no departamento de Carlos París comeza a interesarse polo “tractatus logico-philosophicus” de Witgenstein, a pesar de non ser capaz, pola súa repentina morte, de publicar unha obra en torno os seus intereses por este autor e a súa obra. No ano 1974 publica “introducción a la lógica formal (lógica de enunciados y lógica de predicados)”.

Con carácter póstumo publicáronse dúas obras súas, editadas polo seu achegado amigo, e tamén filósofo, Javier Muguerza (na súa maioría). Alfredo tiña preparada una memoria en torno as súas oposicións. Un destes libros póstumos xira a redor desta memoria, tratase de “las concepciones de la logica”, publicado no ano 1980.

No ano 1984 publicase un compendio de textos de carácter filosófico que preparaba para a publicación, pero non chegou a publicar, “el resto no es silencio. Escritos filosóficos”, titulo que xorde das ultimas palabras de Hamlet, “el resto es silencio”, que fan referencia a que todo o non contado xa non se contaría. Con este título pretendese reivindicar que o non publicado por Deaño, non quedaría sen publicar

Levou a cabo unha serie de traducións, de Lewis Carrol traduciu o castelán “el juego de la logica” no ano 1972 e “estudios de la logica y psicología”, no ano 1972 tamén o castelán. No caso da primeira tradución esta editada e traducido por el, cunha introduccion propia. No caso do segundo son el e Juan del Val os que editan e traducen a obra.

Por último, sábese que escribiu polo menos dous relatos non publicados, aínda que enviados a concursos literarios, e certos poemas que si publicou nalgún caso e que, coma os relatos, mandou a certames literarios, os cales gañou en moitas das ocasións. Pola contra, estes eran escritos unicamente como divertimento e como practica para o coidado do seu estilo e da súa calidade lingüística.

3.       ¿Que personaxes supuxeron unha influencia no pensar do filósofo?

En primeiro lugar, foi crucial o seu primeiro contacto co absolutamente recoñecido Gustavo Bueno, cando Deaño viaxa a Oviedo no ano 1961 e coinciden nunhas clases maxistrais impartidas por Bueno. Polo tanto o filosofo e profesor de seu determinante para o desenvolvemento de este autor é Gustavo Bueno, tanto en vocación como en formación e crucial para Deaño. Foi o máis destacado alumno do recoñecido filosofo, aínda que so fose o seu alumno nos dous anos de período como estudante de filosofía na universidade ovetense.

En canto a lóxica se refire, foi alumno do Catedrático Leopoldo Eulogio Palacios, durísimo profesor que suspendía a case tódolos seus alumnos, e cuxa unica matricula foi unha das 24 matriculas que Alfredo Deaño obtivo na súa carreira. Este profesor se previa como o que sería o mentor de Deaño, mais se distanciaron dadas as súas diferentes ideoloxías.

O seu amigo Javier Mugerza supuxo para Deaño de importante influencia, mais neste caso non so e influinte Muguerza sobre Deaño, senón que Deaño inflúe tamén nel. Esta influenzación foi a causa da cercanía entre eles, mais que das obras deles. O seu profesor Ferrater Mora, de quen foi intenso lector, supón tamén de influencia para este autor, neste caso si se debe maiormente a súa obra. Ferrater foi catedrático de ética na universidade complutense de Madrid.

Influencia puramente intelectual e Witgenstein, e o seu “tractatus logico-philosophicus”, o cal foi fundamental para o estudo da lóxica e a filosofía da linguaxe, tanto en xeral como no caso de Deaño. Estes dous campos foron os temas esenciais no pensamento filosófico de Alfredo Deaño, que neste sentido conecta profundamente con Witgenstein e con dita obra.

É a obra deste autor, a de Witgenstein, pola que se decantaba e que estudou máis profundamente nos últimos anos da súa vida. Era gran admirador das novelas de “Alicia en el pais de las maravillas” e “Alicia a través del espejo”, obras co fascinaban por chegar á destrución do convencional a través da redución ao absurdo. A lóxica e o tratamento que se fai da linguaxe destas obras, dado que lle interesaba moitísimo a lóxica da linguaxe ordinaria, a isto debese ese gusto polas obras de Carrol, xa que expón ese tema, inda que sexa de maneira transversal.

4.       ¿Cal foi a influencia de Deaño sobre a filosofía que o segue?

Dado que toda a súa filosofía xorde dentro dunha envellecida filosofía obcecada no historicismo, polo que o seu posicionamento é revolucionario. De feito, sendo profesor axudante do catedrático Leopoldo Eulogio Palacios, cando Deaño impartía clase da lóxica matemática, tiña que preparar dúas clases para que, cando o catedrático entrase, facer coma se levase todo o tempo impartindo lóxica aristotélica pois o seu superior non quería impartir outra.

Dentro de España e fora é un manual amplamente utilizado. Gran cantidade dos estudos de lóxica que a dia de hoxe se fan en España, ven o seu camiño aberto pola obra de Deaño, dado que esta e a que abre o paso a lóxica matemática. É por isto polo que esta será o deberá ser imprescindible para todo quen pretenda adentrarse na lóxica moderna en España.

5.       ¿Como era o estilo do autor a hora de redactar?

O seu estilo era dunha gran claridade expositiva, e sole considerarse un manual moi didáctico. Neste autor xuntábanse dúas persoas, falando metaforicamente, o filosofo e o lector, lector fundamentalmente de narrativa. Isto axúdalle a escribir cunha gran claridade expositiva, aunada a unha ampla facilidade sintáctica. Fronte aos abstrusos e escuros filósofos que escriben con dureza para despegar a filosofía das xentes menos eruditas, Deaño apoiaba con forza a afirmación do ilustre Ortega e Gasset, “la claridad es la cortesía del filosofo”.

Ademais dado o seu gusto por escribir, movéndose en tódolos ámbitos literarios, e o facelo coa intención de mellorar a súa escrita e o seu estilo, consigue o seu propósito de escribir un manual de lóxica máis facilmente lexible que os usuais.

6.       ¿En que ideoloxía se encadraba o escritor?

A súa ideoloxía, a pesar de considerarse, pola época na que se encadraba, marxista, o propio Deaño foi critico con esta corrente. Actualmente, sería probablemente considerado coma un social demócrata, de feito, encadrábase nas orbitas do PSOE da época. Era considerado un “rojo” e esta ideoloxía foi a que o distanciou de Leopoldo Eulogio Palacios, quen posuía unha ideoloxía moito mais tradicional e dereitista.


Autor: Ana Antelo Nieto, Gonzalo Gegunde Vecino, Alejandra Gradaille Galego

Comentarios